Mamadou Koné reforza a dianteira do Deportivo
Publicado o 20/07/2019 09:49

E no Deportivo, na tarde de onte xa se adestrou co equipo a última incorporación, Mamadou Koné. O dianteiro marfilés de 27 anos chega cedido polo Leganés para esta campaña con opción de compra. A temporada pasada xogou cedido no Málaga, onde só xogou 8 partidos e marcou dous goles. Tamén xogou en Segunda no Rácing de Santander e no Oviedo. En Santander foi onde acadou os mellores números como dianteiro.