CRTVG

Buscar

Malpica de Bergantiños sobe a nivel alto tras a suba constante de contaxios

Publicado o 10/08/2021 14:16

Con pouco máis de 5.300 habitantes, Malpica é o concello da comarca de Bergantiños que experimenta nas últimas semanas a suba máis preocupante de casos.

Os veciños falan de exceso de relaxación. Outros culpan a chegada de turistas, que incrementa cada verán o número de habitantes na vila.

Hainos que poñen o foco en determinados grupos de idade. Mentres Carballo, á cabeza dos contaxios na comarca de Bergantiños, lograba baixar vinte casos nos últimos días, Malpica seguía subindo. A 14 días, a incidencia achégase xa aos 900 casos. Unha evolución para algúns esperable.

Especialmente preocupados polo suba da incidencia, os hostaleiros, nun mes clave para o negocio.

A Costa da Morte supera os 700 casos activos, dos que máis da metade están na comarca de Bergantiños.

 

Noticias web

10/08/2021