Malpica, Camariñas e Soutomaior: os únicos concellos con nivel medio de restricións a partir de mañá
O mapa de restricións de Galicia só quedará tinguido de laranxa en 3 puntos a partir de mañá: son os concellos de Camariñas, Malpica e Soutomaior: quedan no nivel medio. É dicir, a hostalería ten reducida a capacidade no interior ao 30 por cento e no exterior ao 50. Ademais aconséllase reunirse só conviventes en espazos privados entre a 1 e as 6 da mañá.
O DOG recollle tamén novos pasos na desescalada cara ao verán. Un deles é a reapertura dos parques acuáticos, como o de Cerceda, a partir de mañá. Reduciráse a capacidade ao 50 por cento, é decir para 2500 persoas, e con estrictas medidas sanitarias para garantir a seguridade. Aconséllase usar xel, restrinxese o uso das duchas e estremarase a vixilancia para manter a distancia de seguridade. Haberá servizo hostalería.
Outro paso importante na desescalada é a proba piloto de verbenas que se vai celebrar mañá nos concellos de Arteixo, Noia, Marín, Tomiño, O Carballiño e Mondoñedo. Cunha capacidade para 1.000 persoas con convite previo. Uso de máscara e interacción só entre conviventes. Un paso importante para un sector moi castigado pola pandemia, que abrangue a máis colectivos, ainda que non estarán presentes na proba de mañá. Tamén hai cambios a partir de mañá no ámbito das salas de xogos, apostas e bingos: poden abrir ata a 1 da mañá cunha capacidade do 50 % e os servizos de hostalería deses recintos terán o mesmo horario de peche.