Malleira do Atlético ao Deportivo Abanca (1-8)
Publicado o 22/11/2020 21:15
No fútbol feminino, o Deportivo Abanca - Atlético de Madrid resultou un enfrontamento tan desigual como se agardaba.
As madrileñas mallaron nas coruñesas desde o segundo minuto, en que Ludmila anotaba o primeiro dos seus catro goles, ata o último, cando Laurent pechaba o un a oito final co seu segundo tanto. Deyna Castellanos e Toni Duggan tamén marcaron. O gol da honra local meteuno Athenea. Oitava derrota para o Deportivo Abanca en oito xornadas.