CRTVG

Buscar

Malia dominar no primeiro cuarto o Baxi Ferrol cae co Tenerife na Malata

Publicado o 16/10/2021 21:39

Tampouco foi unha boa xornada para o Baxi Ferrol, que caeu na Malata ante o Tenerife.

Logo dun primeiro cuarto con dominio das de Lino López, 20-26, un parcial de 11-21 no segundo rachou o encontro. 62-77 foi o resultado final.

As ferrolás botaron de menos a Suné Swart, que non puido xogar por lesión e, un partido máis, abusaron da tripla sen acerto: 9 metidas de 30 lanzadas.

Noticias web

16/10/2021