CRTVG

Buscar

Malestar na hostalería de Monforte, que pasará ao nivel máximo de restricións

Publicado o 25/08/2021 13:59

Monforte de Lemos entra no nivel máximo de restricións, algo que se vía vir debido ao gromo das festas da Asunción, que chegou a superar os 130 positivos na última semana, todos eles entre a rapazada, o que elevou a incidencia acumulada a case 900 casos por cada cen mil habitantes.

De novo a hostalería volve ser un dos sectores máis afectados pola pandemia.De novo os interiores dos locais teñen que estar pechados e a capacidade das terrazas queda reducida á metade a partir das cero horas deste sábado.

No caso do ocio nocturno, a capacidade das terrazas queda no 75 por cento. Tamén quedan prohibidas as xuntanzas entre non conviventes entre a unha da madrugada e as seis da mañá.

Posiblemente relacionado co gromo de Monforte, tres dos concellos que rodean este municipio, O Saviñao, Pantón e Sober entran hoxe no nivel alto de restricións, ao igual que Castro de Rei, Meira e A Pastoriza, xunto con Rábade que xa estaba no nivel alto.

Lugo é a área galega con maior incidencia a 7 días, con 172 casos por cada 100.000 habitantes, polo que o conselleiro de Sanidade laiouse de que non se fixera un seguimento maior das recomendacións de Sanidade ara a fin de semana do 15 de agosto, xa que a situación actual é consecuencia das festas e non-festas desas datas.

Noticias web

25/08/2021