CRTVG

Buscar

Malestar na Arxentina tras a decisión do Goberno de restrinxir os voos internacionais

Publicado o 29/06/2021 20:52

Unha cota de viaxeiros equivalente a dous voos comerciais completos por día. Este será o límite de persoas que poderán entrar na Arxentina por avión ata o vindeiro 9 de xullo, unha medida que provocou malestar nos operadores aéreos e tamén nos arxentinos que non saben cando volverán á súa casa.

Decenas de voos cancelados e moi pouca xente preparada para viaxar.Ata o 9 de xullo, tan só 600 persoas diarias poderán entrar á Arxentina por vía aérea, obrigando a reprogramar decenas de viaxes.

O Goberno explicou que moitos viaxeiros non cumprían a corentena obrigatoria ao chegar á Arxentina, factor que motivou esta decisión.

Con esta medida, o Executivo quere evitar a irrupción da variante delta, nun país onde a pandemia xa acabou coa vida de máis de 93.000 persoas.

Noticias web

29/06/2021