Malestar na afección polos prezos do derbi
Publicado o 26/11/2019 19:37
Malestar nos afeccionados do Dépor por mor do prezo das entradas para o partido deste domingo contra o Lugo no Anxo Carro. O Lugo fixou o prezo entre os 30 e os 40 euros por entrada, prezo que a afección deportivista considera abusivo.
Tamén os seareiros do Lugo están anoxados. A directiva designou o partido como Día do Club e incluso os abonados terán que pagar un suplemento de entre 5 e 15 euros.