CRTVG

Buscar

Mala xornada de Jorge Prado en Turquía cunha caída e un cuarto posto

Publicado o 08/09/2021 22:51

Non lle foron ben as cousas a Jorge Prado en Turquía. Perdeu boa parte das súas opcións ao título por unha forte caída. Foi na primeira manga, cando lideraba a proba. Malia os seus ostensibles xestos de dor, o lugués regresou á pista pero quedou fóra dos puntos. Na segunda manga logrou un meritorio cuarto posto. O piloto galego baixou posicións na xeral. Comezou o día segundo, a 13 puntos do liderado e remata quinto, a 40 puntos de Tim Gaiser. A seguinte proba do mundial será na illa italiana de Sardeña. Un terreo ben coñecido para Prado que lle pode axudar a remontar.
 

Noticias web

08/09/2021