CRTVG

Buscar

Mala calidade do aire na Coruña por altas concentracións de partículas de salitre en suspesión

Publicado o 26/10/2021 15:22

No ano 2020 sucedeu este fenómeno 51 veces sempre coincidindo con episodios de mar de fondo e refachos de vento do noroeste. O aire énchese de micropartículas de sal.

"Onte tivemos moito mar de fondo, as rompentes xeran esa vaporización de salitre que xeran finalmente esas concentracións elevadas. Agora neste momento os datos son moitos máis baixos así que pouco a pouco irá baixando ese índice ICA", informa Carlos Otero, preditor de Meteogalicia.

Esa elevada concentración de partículas ten a súa orixe natural e por tanto non se pode controlar pero tampouco supón un risco para a saúde. Por iso non precisou a activación de ningunha alerta.

 

Noticias web

26/10/2021