CRTVG

Buscar

Os aeroportos galegos notan a chegada de máis viaxeiros coa fin do peche perimetral

Publicado o 10/05/2021 14:27

Rematou o estado de alarma e con el as restricións á mobilidade, co que se espera que a situación nos aeroportos mellore e comecen a remontada no volume de desprazamentos.

No aeroporto de Santiago comezou a notarse máis movemento, sobre todo pola chegada de viaxeiros que viñan reencontrarse con familia e amigos despois de varios meses. Xa non hai que ter outra xustificación para entrar ou saír de Galicia.

Non hai controis á mobilidade, pero o que si seguen son os de Sanidade Exterior nos voos internacionais, e as probas de antíxenos voluntarias para os pasaxeiros de voos internos.