Máis vendas de vehículos no salón Motorocasión celebrado en Vigo
Remata en Vigo a primeira gran feira que se celebra no IFEVI na nova normalidade. Motorocasión acolle máis de mil vehículos con rebaixas de ata o 50%. Malia que nesta edición baixou o número de visitantes, aumentaron as vendas dos concesionarios presentes.
A nova situación e a calor desta fin de semana, fixeron que o salón de Motorocasión recibira nesta edición case un 50% menos de visitantes que o ano pasado. Porén, os que foron estaban máis decididos e dende a organización estiman que as vendas aumentaron un 30%.
Os clientes van en busca das mellores ofertas, cumprindo con todas as medidas de seguridade para o acceso.
Os organizadores estiman que nesta edición se terán vendido uns 600 coches, o que xera unha cifra de negocio próxima aos 7 millóns de euros.