CRTVG

Buscar

Máis dunha docena de feridos na manifestación en Atenas contra o cambio de nome de Macedonia

Publicado o 21/01/2019 08:09

Varias persoas resultaron feridas nos enfrontamentos rexistrados durante unha manifestación en Atenas contra a ratificación do acordo para cambiarlle o nome á Antiga República Iugoslava de Macedonia. Os disturbios empezaron cando un grupo de manifestantes tratou de sobrepasar o cordón policial para entrar no Parlamento. O Goberno grego responsabiliza dos altercados a grupos da ultradereita. 60.000 persoas, segundo a Policía, e 600.000 segundo os organizadores, protestaron contra o acordo que prevé chamarlle Macedonia do Norte á Antiga República Iugoslava de Macedonia.

Noticias web

21/01/2019