Máis dun milleiro de persoas marchan na Coruña contra a violencia LGTBIfóbica
• Os colectivos LGTBI piden xustiza para Samuel
• Concentracións de repulsa en distintas cidades españolas
• A policía busca mais implicados na malleira mortal
Non hai lugar para a indiferenza diante da violencia e do odio. As organizacións dos movementos LGTBI de toda Galicia lanzaron esta mensaxe conxunta na Coruña.
A marcha partiu con algo de retraso desde a praza da Palloza. Todos os colectivos participantes coincidiron nun feito: perciben unha escalada constante das agresións e da violencia. Coidan que quizais o brutal crime de Samuel marque un punto de inflexión na súa loita. Piden respecto e xustiza.
A manifestación desembocou na praza de María Pita e rematou coa lectura dun manifesto que finaliza con esta frase: "Fóra o odio e a violencia das nosas rúas".