Máis dun milleiro de peregrinos selaron a compostela este domingo
Publicado o 27/09/2021 13:17

O que non fixeron estes primeiros días de outono foi desanimar os peregrinos, que seguen a chegar a moreas neste Ano Santo. Só onte, domingo, seláronse máis dun milleiro de compostelas.
Alleos ao tempo inestable das últimas xornadas, os camiñantes, procedentes sobre todo doutras parte de España, aproveitan que as restricións xa apenas se notan na ruta xacobea.
Lembren que o Papa Francisco estendeu a celebración do Xacobeo tamén ao 2022, debido ás condicións que impuxo a pandemia desde que comezou este ano.