CRTVG

Buscar

Máis do 80 % dos inscritos preséntanse ás oposicións de Educación en Galicia

Publicado o 20/06/2021 12:49

Continúan nalgunhas sedes as oposicións ao ensino, que arrancaron onte e seguirán os próximos mércores e venres. Examinaranse máis de 25.000 persoas nas 132 sedes habilitadas pola Xunta en 23 localidades distintas da comunidade autónoma.

Todo a fin de que se poidan cumprir os protocolos sanitarios con seguridade. Este sábado presentáronse aos exames o 85 % dos inscritos nas probas de primaria e algo menos desta porcentaxe en secundaria. Na Consellería de Educación indicaron que polo momento non se rexistrou ningunha incidencia.

Noticias web

20/06/2021