CRTVG

Buscar

Máis do 54 % dos ourensáns maiores de 12 anos ten xa a pauta completa

Publicado o 29/06/2021 14:07

Con 113 casos activos de covid 19 por 100.000 habitantes, Ourense ten a incidencia máis alta das cidades galegas. Con todo, de momento, din dende a área sanitaria de Ourense, non é preocupante. A esperanza está posta na vacinación, que avanza a moi bo ritmo, de feito aquí na provincia de Ourense máis do 54 por cento da poboación xa ten a pauta completa. Hoxe tocoulles vacinarse aos de 40 anos. 

2.400 persoas están citadas para vacinarse hoxe en Expourense, a maioría nacidas en 1981. Moita ledicia entre esta xeración, que non agardaba ser vacinada tan pronto. Seis meses despois de que se iniciara a campaña de vacinación contra a covid, na provincia de Ourense máis do 54 por cento da poboación maior de 12 anos ten a pauta completa.

Con todo, Ourense é a cidade galega con maior incidencia. A metade dos casos son menores de 30 anos, o virus segue con nós e cómpre non baixar a garda.

 

Noticias web

29/06/2021