CRTVG

Buscar

Máis do 30 % da poboación española ten posta a pauta completa

Publicado o 21/06/2021 20:29

Case catorce millóns e medio de españois están xa inmunizados coas dúas doses da vacina, o que supón máis do 30% da poboación . Esta semana chegarán a España outros 4 millóns de doses, coas que Sanidade prevé poder seguir cumprindo cos obxectivos marcados.

Silvia Calzón, secretaria de Estado de Sanidade: "O seguinte será alcanzar o 50% da poboación inmunizada na semana do 19 de xullo, e chegar ao 70% a finais de agosto".

A vacinación é un dos factores clave para a retirada da máscara ao aire libre, anunciada para o día 26. Sanidade dará a coñecer o mércores os detalles e as excepcións da nova normativa. Pero xa avanza que serán de sentido común.

Fernando Simón, director do Centro de Alertas e Emerxencias Sanitarias: "Que non sexa obrigatorio o seu uso non quere dicir que non se poida usar. É evidente que se unha persoa ve situación de risco pode seguir usándoa".

Fernando Simón lembrou que será unha lei estatal a que regulará o novo uso da máscara, pero non aclarou que marxe lles quedará ás comunidades para modular a norma en función da súa situación epidemiolóxica.

Noticias web

21/06/2021