CRTVG

Buscar

Máis de trinta roubos en vehículos durante a fin de semana na Coruña

Publicado o 28/09/2021 10:29
Máis de trinta roubos en vehículos durante a fin de semana na Coruña

Preocupación polos roubos en vehículos na Coruña, xa que as cifras non deixan de medrar. Só nesta fin de semana a Policía Nacional tramitou máis dunha trintena de denuncias por roubos no interior de vehículos. Un 75 por cento foi o que incrementaron no primeiro semestre do ano con relación ao ano anterior, segundo datos policiais.

Tamén apuntan as mesmas fontes que para acceder ao interior dos vehículos os asaltantes adoitan romper os cristais e unha vez dentro levan o que atopan, normalmente son obxectos de pouco valor, como prendas de roupa ou moedas. E por iso, aínda que logren deter os ladróns, non acostuman acabar en prisión, xa que non son roubos violentos.

Eiris, O Ventorrillo, Pedralonga e San Diego figuran xa entre os barrios onde se rexistran máis asaltos da cidade.

Noticias web

28/09/2021