CRTVG

Buscar

Máis de mil peregrinos chegan cada día a Compostela, malia a quinta vaga da pandemia

Publicado o 07/08/2021 16:08

A pandemia non frea a afluencia de peregrinos a Compostela. De feito, desde principios de xullo están a chegar máis de mil cada día.

A estampa deste sábado repítese cada xornada, con amoreamentos ante a Oficina de Acollida ao Peregrino na procura da desexada Compostela. A crise da covid-19 está a xerar un maior interese polo Camiño entre os españois, ao ser unha ruta segura.

As cifras destes visitantes superan ás de 2019, mentres baixa a afluencia de estranxeiros. Para case todos eles, a experiencia non defrauda.


 

Noticias web

07/08/2021