CRTVG

Buscar

Máis de mil actividades culturais nos próximos meses para reactivar o sector da cultura

Publicado o 12/06/2021 14:24

A segunda edición do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22 seleccionou 262 proxectos culturais que derivarán en máis de mil actividades. Produtos audiovisuais, música, teatro, exposicións, libros, discos,.. Creacións artísticas e culturais que verán a luz impulsadas por este fondo, que incrementou o seu orzamento ata os tres millóns de euros.

A intención é reactivar o sector e ao tempo xerar unha oferta ampla de lecer en galego que se reflicta en todo o país, algo que a comisaria do Xacobeo subliñou que xa foi o propósito na primeira edición.
Nos próximos días publicarase a relación dos beneficiarios, que teñen ata decembro para rematar as súas creacións.

Noticias web

12/06/2021