CRTVG

Buscar

Máis de cincocentos incendios arrasan Grecia

Publicado o 07/08/2021 13:58

Grecia segue este sábado loitando contra os máis de cincocentos incendios que arrasan miles de hectáreas forestais, e obrigan á evacuación de ducias de poboacións. Polo momento, o lume ocasionou a morte dun bombeiro voluntario preto de Atenas.

Outros dous bombeiros están en estado crítico. A policía xa detivo tres persoas, como presuntos autores doutros tantos incendios. España desprazou a Grecia un avión do exército do aire e un equipo da Unidade militar de emerxencia, para axudar na loita contra o lume.

Noticias web

07/08/2021