CRTVG

Buscar

Máis de cen premios nacionais de cultura piden por carta axudas para o sector

Publicado o 09/04/2020 16:40

Directores de cine, músicos ou escritores pediron nunha carta aberta ás administracións públicas que non se esquezan dun sector que emprega un millón de persoas en España.

Máis de cen premios nacionais da cultura asinaron esta carta, que foi unha iniciativa do músico galego Cibrán Sierra, violinista do Cuarteto Quiroga.

Neste confinamento emociónannos coas súas películas e cancións.

Nunha carta aberta, máis de cen premios nacionais de cultura pediron ás administracións públicas que, coma noutros países, se teña en conta a industria cultural.

A carta que asinan directores de cine como Almodóvar, grupos de teatro como a Fura dels Baus ou escritores como Suso de Toro, foi unha inciativa do galego, Cibrán Sierra, violinista do Cuarteto Quiroga.

Sete galegos asinan a carta, entre eles o escritor Manuel Rivas, o historiador Xusto Beramendi, ou o grupo de teatro Chévere. Todos piden que non esquezamos aqueles que nos axudan a soñar.

Noticias web

09/04/2020