CRTVG

Buscar

Máis de cen días cun único carril na N-120 por un desprendemento

Publicado o 11/03/2020 17:40

Desde hai máis de cen días, a circulación por este treito da estrada Nacional 120, entre Ourense e Monforte é lenta e restrinxida a un único carril. En novembro houbo un desprendemento e os traballos para recuperar a zona continúan catro meses despois. A maquinaria pesada e os operarios traballan nunha das marxes, moi preto dos vehículos.

Dous semáforos provisionais controlan o paso dos vehículos por un único carril nun percorrido de case medio quilómetro.

Desde novembro, cando houbo o último desprendemento do terreo, a circulación pola nacional 120, na porvincia de Ourense, é lenta. As obras de recuperación continuarán, de momento, por tempo ilimitado.














 

Noticias web

11/03/2020