CRTVG

Buscar

Máis de 800 menores desapareceron en España durante o 2020

Publicado o 25/05/2021 19:16
Máis de 800 menores desapareceron en España durante o 2020

A pesar da pandemia, a cifra foi moi semellante á de anos anteriores. No Día Internacional do Menor Desaparecido, a Fundación de Axuda a Nenos e Adolescentes en Risco lembra que seis de cada dez desaparicións foron por fugas, e 2 de cada 10 debéronse a expulsións do fogar. Outras menos frecuentes son os secuestros. Só 8 de cada 100 casos foron secuestros e 5 de cada 100 se deberon a perdas ou outro tipo desaparicións.

No Día Internacional do Menor Desaparecido, a Fundación Anar lembra que hai un número de teléfono en que as familias poden recibir axuda. É o 116000. É confidencial, non ten custo e está atendido as 24 horas por psicólogas, avogadas e traballadores sociais en coordinación coas forzas de seguridade e organismos europeos.




 

Noticias web

25/05/2021