CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Máis de 800 inmigrantes rescatados esta fin de semana fronte ás costas andaluzas

Publicado o 15/07/2018 21:27
Nesta fin de semana máis de 800 inmigrantes foron rescatados cando intentaban alcanzar as costas andaluzas.

Viaxaban nunha trintena de embarcacións. A maioría deles, uns 638, foron rescatados en augas do estreito de Xibraltar e o resto no mar de Alborán.
Nesta xornada de domingo Salvamento Marítimo interceptou cinco barcas nas que viaxaban 118 persoas. Foron trasladadas aos portos de Tarifa e Alxeciras.
En canto ás persoas rescatadas onte por Italia no Mediterráneo, España, Portugal e Francia acollerán cada un 50 migrantes dun total de 450 que se atopan a bordo dunha nave da Garda de Finanza italiana e doutra da axencia Fróntex.