Máis de 8.000 alemáns deberán vacinarse de novo porque unha enfermeira negacionista lles inxectou auga con sal
Publicado o 12/08/2021 12:22

Escándalo no proceso de vacinación alemán. As autoridaes sanitarias do país terán que volver vacinar 8.600 persoas.
Unha enfermeira encargada da inmunización, supostamente negacionista, inxectoulles unha solución salina no lugar da dose de Pfizer que lles correspondía. Fíxoo durante varias semanas, ata que foi descuberta.
Os afectados son persoas maiores de 70 anos, e tamén sanitarios e coidadores, que terán que vacinarse contra a covid de novo, esta vez de verdade.