CRTVG

Buscar

Convocan máis de 7.000 persoas a cribados masivos esta fin de semana en Galicia

Publicado o 23/05/2021 14:11

Os participantes alentan a todos os citados a vir. Explican que non rouba tempo ningún e que hai facilidades para os que teñen inconvenientes co horario asignado. Dinnos, ademais, que estes cribados entre xente nova son especialmente importantes porque a mocidade vai á cola na vacinación e adoita ter máis vida social.

Culleredo está no nivel medio baixo de restricións, pero os contaxios están aumentando. Este cribado é para impedir que vaian a máis. Hoxe hai 35 casos activos no concello, 26 deles detectados na última semana.

O incremento de infectados tamén motivou os cribados desta fin de semana na Pobra do Caramiñal e en Mos.

En Mos os tests fixéronse onte pola mañá no instituto, afectado por un gromo que mantén pechadas dúas aulas. Acudiron 550 dos arredor de 700 alumnos e profesores citados.

Na Pobra do Caramiñal, o cribado tivo menos participación. Estaban convocadas unhas 2.000 persoas de entre 20 e 40 anos e presentáronse o 53 %.
Estes dous concellos están no nivel alto de restricións e os casos seguen aumentando de momento.

Noticias web

23/05/2021