CRTVG

Buscar

Máis de 530.000 galegos seguiron a comparacencia do presidente da Xunta, en directo, na TVG

Publicado o 26/01/2021 15:02

Liderado absoluto da Televisión de Galicia este luns, na franxa informativa dunha e media a tres e media. A canle pública acadou unha cota de pantalla do 37,7 por cento, superando en 26,5 puntos a Telecinco, o seguinte competidor.

Máis de 530.000 galegos seguiron a comparecencia do presidente da Xunta de Galicia, en que Alberto Núñez Feijóo explicou as novas restricións contra a covid-19. 45 minutos de espazo informativo que esta casa lles ofreceu en directo, e que acadou unha cota media superior ao 44 por cento, con picos de ata o 46.

Foi a emisión con maior audiencia de todas as canles que se poden ver en Galicia, tras a cal o Telexornal mediodía ofrecía un resumo das medidas e das novas do día máis destacadas.

O informativo do mediodía acadou cunha cota media do 34,8 por cento. Un total de 428.000 galegos elixiron este espazo para informarse. O minuto máis visto foi ás 3 nenos 5 da tarde, cun 46 por cento de cota de pantalla.

A audiencia total das canles da CRTVG na xornada de onte superou o millón de galegos.

Noticias web

26/01/2021