Máis de 500 venezolanos concéntranse en Madrid en apoio a Guaidó
Publicado o 01/05/2019 21:28
En España, mentres, centos de cidadáns venezolanos concentranse en diversas cidades para, maioritariamente, ofrecer o seu apoio ás mobilizacións emprendidas por Juan Guaidó.
Son imaxes desta tarde na praza de Colón de Madrid, onde tivo lugar a concentración mais numerosa. Tamén Barcelona foi testemuña do apoio que uns 300 venezolanos residentes na capital catalá lle brindaron a Guaidó, como tamén o fixeron os asturianos.