CRTVG

Buscar

Máis de 500 positivos de coronavirus esta semana no Salnés

Publicado o 17/07/2021 16:21

Aitor abriu este bar na Illa en marzo. Leva co interior pechado dende o sábado pasado, e as terrazas ao 50 por cento, debido ao nivel alto de restricións no que está porque a incidencia acumulada neste concello supera os 800 casos por cada 100.000 habitantes, o mesmo que pasa en Sanxenxo, só que neste concello as restricións está no nivel medio.

En Vilagarcía, cunha incidencia acumulada de 500 casos por cada cen mil habitantes, tamén están no nivel alto de restricións.

O alcalde de Vilagarcía coméntanos que conseguiron que as terrazas poidan estar ao cen por cento en todo o Salnés.

Con incerteza e resignación os hostaleiros adáptanse ás restricións. Esta semana reunirase de novo o comité de expertos para analizar a situación nesta área sanitaria.

Noticias web

17/07/2021