CRTVG

Buscar

Máis de 500 candidatos, á procura do seu primer emprego na Feira de Emprego da Cámara de Comercio da Coruña

Publicado o 04/03/2021 20:43

Licenciado en administración de empresas con coñecementos de automoción, Miguel someteuse nas últimas horas a cinco entrevistas de traballo virtuais dentro dunha nova edición da Feira de emprego da Cámara de Comercio da Coruña.

50 empresas participaron na feira. Todas teñen actualmente abertos procesos de selección de persoal. É o caso da empresa de enerxía da que Ángeles é directora de Recursos Humanos.

Para quen busca o seu primeiro emprego nun contexto de pandemia, de crise sanitaria e económica,....

Ao igual que o resto de candidatos, máis de 500, agora Miguel agarda a chamada que lle dea acceso a un contrato de traballo.

Noticias web

04/03/2021