CRTVG

Buscar

Máis de 3.600 persoas de entre 75 e 79 anos están citadas para vacinarase hoxe na Cidade da Cultura

Publicado o 13/04/2021 15:36

A Cidade da Cultura é un dos puntos de vacinación da área sanitaria de Santiago. Aquí estan citadas hoxe máis de 3.600 persoas de entre 75 e 79 anos. Despois das aglomeracións dos primeiros días, agora a afluencia de xente e o ritmo de administración das doses está sendo constante e fluído.

Hoxe reciben a súa primeira inmunización contra o coronavirus, aínda así, hai quen non lle concede demasiada importancia. Mentres que para outras persoas, este é un día esperado, celebran por fin poder protexerse coa vacina despois de máis dun ano baixo a ameaza da covid-19.    

Segundo a Consellería de Sanidade, en Galicia hai xa máis de 191.00 persoas que recibiron a inmunización completa fronte á covid-19. 

 

Noticias web

13/04/2021