CRTVG

Buscar

Máis de 3.600 axentes velarán pola seguridade no Xacobeo

Publicado o 28/04/2021 15:59

O secretario de Estado de Seguridade reuniuse esta mañá en Santiago coa Policía Nacional e a Garda Civil para presentarlles o plan de seguridade para do Xacobeo.

Rafael Pérez explicou que máis de 3.600 axentes velarán polo benestar de todos os peregrinos. Segundo dixo, o Camiño é seguro tanto dende o punto de vista persoal como sanitario.