CRTVG

Buscar

Máis de 3.300 peregrinos chegaron a Santiago nos dez primeiros días de xuño

Publicado o 12/06/2021 21:00

 O sector da hostalería avanza na desecalada e o Camiño de Santiago tamén. No que levamos de xuño, chegaron a Compostela case os mesmos peregrinos que en todo o mes de maio.A tres días da apertura dos primeiros albergues públicos, o vicepresidente da Xunta asegura que os establecementos están preparados para acoller "con todas as garantías sanitarias" os centos de camiñantes que fan a ruta.

Máis de 3.300 peregrinos chegaron a Compostela nos dez primeiros días de xuño... o número de camiñantes diarios multiplícase xornada tras xornada. . Este venres finalizaron a ruta preto de 500 e entre os que se atopan este sábado nnas ultimas etapas, encontramos o vicepresidente da Xunta , Alfonso Rueda e un grupo de alcaldes que fan o camiño dende o Cebreiro a Fisterra.

Alfonso Rueda di que " o previsible e que esto vaia en aumento ata  niveles moi aceptables e que o 22 sexa un ano Santo Pleno". Con esta previsión, o martes volven a actividade os albergues públicos galegos cun limite de ocupación do 30 por cento, salvo que os camiñantes formen un grupo burbulla. De momento abren a metade dos establecementos.

"Abren uns 30 que ata agora non  abriron por non entrar en competencia cos privados que o pasaron mal pero irán abrindo e a previsión é que en xullo estén abertos todos os albergues públicos con todas as garantías de seguridade". Nos establecemento públicos, cada peregrino debe levar o  seu saco de durmir e recomendase o uso de máscara pola noite

Noticias web

12/06/2021