CRTVG

Buscar

Máis de 3.000 profesionais participan en Compostela no XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia

Publicado o 18/05/2019 15:13

Acaba de dar a luz na casa pero non da expulsado a placenta. A muller quéixase e a tensión respírase no ambiente. Nesta aula de simulación da ACIS, pertencente ao Sergas, resulta doado poñerse en situación. No obradoiro de hoxe aprenden a atender un parto extrahospitalario cos medios propios dun centro de saúde. Neste outro obradoiro, persoal médico de atención primaria enfróntase a un incidente con múltiples vítimas.

Os talleres prácticos sempre están cheos. Neste eido, a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia é pioneira. Por iso, no seu XXVI congreso, ocupan un lugar salientable dentro do programa.
 

Noticias web

18/05/2019