CRTVG

Buscar

A falta de cobertura ten illados máis de 200 veciños dunha parroquia da Cañiza

Publicado o 22/09/2021 14:00

Teresa é unha das veciñas da parroquia do Couto, na Cañiza, que cada día busca cobertura porque alí, atopala, é misión imposible.

María sabe que se quere falar coa familia ou recibir a chamada do seu médico ten que camiñar ata a fonte. Só alí consegue comunicarse con certa normalidade.

Os maiores séntense desprotexidos. Porén, os problemas aféctanlles a todos. Fartos da situación, esixen solucións urxentes.

Os veciños están recollendo sinaturas. Agardan que haxa cobertura pera escoitar as súas demandas.

Noticias web

22/09/2021