CRTVG

Buscar

Máis de 200 pasaxeiros, recolocados noutro tren tras catro horas de espera por unha avaría no Alvia entre Barcelona e A Coruña

Publicado o 08/06/2021 22:38
Máis de 200 pasaxeiros, recolocados noutro tren tras catro horas de espera por unha avaría no Alvia entre Barcelona e A Coruña

O tren Alvia que facía esta tarde o traxecto entre Barcelona e A Coruña sufriu unha avaría en Miranda de Ebro, que obrigou a recolocar 235 pasaxeiros.

Foi por mor dun fallo técnico na catenaria, que deixou sen electricidade o convoi. A avaría tardou varias horas en ser reparada. Os pasaxeiros foron trasladados a outros trens.

Noticias web

08/06/2021