CRTVG

Buscar

Máis de douscentos feridos ao chocar un tren autónomo con outro manual en Malasia

Publicado o 25/05/2021 08:18
Máis de douscentos feridos ao chocar un tren autónomo con outro manual en Malasia

Máis de 200 persoas quedaron feridas ao bateren dous trens nun túnel do metro de Kuala Lumpur, a capital de Malaisia. As autoridades investigan as causas do choque entre un tren de condución autónoma que transportaba ducias de pasaxeiros e outro de condución manual que ía baleiro. Sábese que o centro de control que opera os trens autónomos non detectou a chegada do outro convoi. Case medio cento dos feridos requiriron atención hospitalaria.

 

Noticias web

25/05/2021