CRTVG

Buscar

Máis de 20 detidos por escravizar persoas para cultivar marihuana

Publicado o 25/04/2019 19:08

Axentes da Garda Civil liberaron 21 persoas que eran vítimas de trata de seres humanos e vivían en situación de escravitude. Doce das persoas eran de nacionalidade chinesa e outras 9 vietnamitas. Eran captadas para seren utilizadas en situación de escravitude para cultivar marihuana en naves de Valencia, Zamora, Xaén, Guadalaxara e Madrid. Hai 24 persoas detidas e os axentes incautáronse de 17.000 plantas de marihuana en oito plantacións.

Noticias web

25/04/2019