Máis de 2.200 rapaces e mozos de Silleda, Santa Comba e Muxía convocados a cribados masivos
O cribado de Santa Comba comezou a primeira hora da tarde e rematou hai pouco máis de media hora. Foron citados 800 veciños de entre 16 e 26 anos, a franxa de idade na que se detectaron aquí máis contaxios nos últimos días. O concello, que subiu este sábado do nivel de restricións medio-baixo ao nivel medio, sumaba antes do cribado 23 casos activos.
E estas son imaxes do peneirado que se fixo pola mañá en Muxía, un dos trinta concellos galegos en nivel alto de restricións, cunha incidencia acumulada a catorce días superior aos mil casos por cen mil habitantes. Aquí convocaron ás probas arredor de 450 rapaces e mozos de 15 a 30 anos.
Tamén se desenvolveu pola mañá o cribado de Silleda, ao que foron chamados preto de mil veciños de 16 a 30 anos. Silleda está en el nivel medio de restricións.