CRTVG

Buscar

Máis de 2.200 contaxios en festivais en Cataluña

Publicado o 04/08/2021 21:16

Os festivais de música en Cataluña aumentaron a transmisión da covid na comunidade. Un informe constata que máis de 2.200 asistentes quedaron infectados, o que supón un 58 por cento máis do esperado. Pero a Generalitat sinala que non se pode falar de eventos hiperdiseminadores.

Son datos que se desprenden dun estudo do Govern sobre o impacto dos contaxios en tres eventos musicais en que se pedía proba de antíxenos para o acceso, ademais do uso da máscara.


 

Noticias web

04/08/2021