Máis de 2.000 evacuados por mor dun incendio forestal en Marsella
Publicado o 05/08/2020 15:31
En Marsella, un violento incendio forestal provocou xa a evacuación de máis de 2.000 persoas. O lume, que se desatou onte pola tarde e aínda segue activo, destruíu máis de 1.000 hectáreas de monte. Os bombeiros continúan combatendo o incendio, aínda non controlado.
A maioría dos evacuados eran turistas que estaban en cámpings das praias desta zona da Costa Azul Francesa. Unha zona que xa leva sufrindo grandes incendios nos últimos anos.