CRTVG

Buscar

Máis de 120 nenos de Cee artellan unha cadea de mensaxes

Publicado o 06/04/2020 14:38

Non é doado coordinar máis dun cento de nenos para un traballo coral. Pero as novas tecnoloxías permiten artellar obras coma a que protagonizan, dende as súas respectivas casas, tal cantidade de rapaces e rapazas do colexio Manuela Rial Mouzo neste vídeo solidario. Unha idea que naceu entre os docentes e se transmitiu coma o raio neste mundo global, de casa en casa.

A proposta partiu dos titores do centro, e a resposta non se fixo agardar. Unha resposta masiva.

Traballos e mensaxes de agradecemento a todos aqueles que seguen a pé de rúa estes días polo ben común, e chamadas á unidade dos que están na casa, separados no espazo, pero máis unidos ca nunca.

 

Noticias web

06/04/2020