CRTVG

Buscar

Máis de 120.000 persoas beneficiáronse do Plan Responde da Cruz Vermella Galicia

Publicado o 07/05/2021 20:12

En Galicia a Cruz Vermella leva traballando dende hai máis de 150 anos dando respostas ás persoas máis vulnerables alí onde non chega ningúen máis. Socorros, Inclusión, Saúde, Emprego ou Educación; esta xigantesca organización abarca practicamente todos os sectores de maior necesidade social.  

A súa presidenta, Carmen Colmeiro, sinala entre outras das súas tarefas as axudas os maiores, os enfermos, levar a comida a alguén á casa, facer compañía aos maiores que viven sós ou levalos ao dentista. Asegura que son tan grandes e abarcan tantos campos que durante a pandemia entregáronse aínda máis e non pecharon nin un só día.

Traballan coa infancia, a xuventude, os maiores, inmigrantes, desempregados ou persoas con discapacidade. Máis de 5.000 voluntarios en Galicia empregan o seu tempo de lecer en axudar estes colectivos.

Luisa López, voluntaria de Cruz Vermella: "O máis gratificante é a satisfacción de ver o sorriso dos maiores xa que agora non poden nin darche un bico nin unha aperta"

Só durante a pandemia atenderon en Galicia máis de 120.000 persoas dentro do Plan Responde ás novas necesidades derivadas da crise do coronavirus.