CRTVG

Buscar

Máis de 12.600 persoas completan a pauta de vacinación en Expocoruña

Publicado o 24/07/2021 13:48

Na área sanitaria coruñesa están citadas máis de 13.400 persoas. 815 reciben a primeira dose no hospital de Cee. 12.600 completan a pauta de vacinación de Pfizer en Expocoruña. É a convocatoria máis numerosa de cantas realizou aquí o Sergas desde o inicio da campaña de vacinación. Para acurtar o tempo de espera habilitouse un terceiro punto de acceso.

En Expocoruña vacínanse este sábado preto de nove mil persoas de entre 30 e 39 anos. O resto de convocados, máis de 3.500, son cuadraxenarios. A maioría marcha co certificado de vacinación na man.

Noticias web

24/07/2021