CRTVG

Buscar

Máis de cen inscritos no Rally da Auga

Publicado o 27/05/2021 22:01

Máis de cen inscritos no único rally de terra que se celebra en Galicia, o Rally da Auga-Camiño de Santiago. Esta tarde presentáronnos os detalles. Terá lugar entre o venres e o sábado da próxima semana por camiños da bisbarra de Arzúa. É proba puntuable para a Copa de España de Terra e para o Supercampionato de España. Ademais, nesta edición terá a preinspección para o Europeo de Rallyes. Luis Moya actuou de padriño na presentación e loou as dimensións da proba.

Noticias web

27/05/2021