CRTVG

Buscar

Dez mil persoas compiten por 341 prazas do corpo auxiliar C2 en Vigo e Silleda

Publicado o 20/06/2021 14:04

Continúan tamén as oposicións á Xunta que este domingo se están a realizar en Vigo e Silleda.
Dez mil aspirantes estaban inscritos para competir por 341 prazas do corpo auxiliar C2.

É a convocatoria co maior número de prazas e o segundo proceso ao que concorre un maior número de aspirantes.

As probas son simultáneas nas dúas sedes e en quendas de mañá e tarde.
Un operativo de máis de 240 persoas vela pola seguridade do proceso selectivo.

 

Noticias web

20/06/2021