CRTVG

Buscar

Máis da metade dos maiores de 60 anos están totalmente vacinados

Publicado o 15/05/2021 17:38

O 95 por cento dos maiores de 60 recibiron xa a primeira dose dunha vacina. A vacinación vai así avanzando.
Nos maiores de 80 está practicamente finalizada. Con case o 99 por cento deste grupo coa pauta completa.

Tamén esta moi adiantada no seguinte segmento de idade, o dos que teñen entre 70 e 79 anos. Neste caso máis do 96 por cento puxeron polo menos unha dose e o 68 por cento recibiu xa ambas as dúas. Entre os 60 e os 69 xa teñen posta unha das doses máis do 89 por cento, aínda que pouco máis do 5 por cento están xa vacinados por completo. E a partir de aquí, as porcentaxes son máis baixas. Esta semana comezouse a vacinar a persoas de entre 50 e 59 anos. Administróuselles a vacina a case o 24 por cento deste grupo. Completaron a pauta pouco máis do 6 por cento.

De aí para abaixo as porcentaxes, son reducidas. Irán aumentando a medida que estes grupos se vaian incorporando ao proceso de vacinación. O seguinte en facelo será o das persoas de entre 40 e 49 anos que comezará a vacinarse en xuño.

Noticias web

15/05/2021