CRTVG

Buscar

Máis da metade dos españois non sabe quen son Ortega Lara e Miguel Ángel Blanco

Publicado o 20/10/2020 14:56

O terrorismo da ETA foi un dos episodios máis dramáticos que vivimos como sociedade, pero a memoria é fráxil e pode perderse entre os máis novos. 

Sete de cada dez enquisados pola consultora GAD3 non saben quen é Ortega Lara, só o 38 por cento dos mozos identificou a Irene Villa como vítima da ETA, e o 60 por cento deles non soubo quen era Miguel Ángel Blanco. Foron protagonistas de moitas portadas nun pasado recente, pero queda lonxe para os máis novos.

"Os que soubemos de ETA no seu momento sabíamolo polas noticias", comenta Xosé Núñez Seixas, Catedrático de Historia Contemporánea da USC. Así que agora esta xeración "apenas ten memoria do que puido ser ETA, do impacto social que causaban os seus atentados".

Tampouco aprenderon do tema na escola: case o 75 por cento dos enquisados non falaron da ETA na clase. E a día de hoxe, na maioría das casas pouco se fala tamén do tema. Segundo Núñez Seixas, é probable que Eta "pertenza ao pasado", xa "non preocupa tanto á cidadanía, e deixa de ser un tema de conversa e de debate".

Segundo a enquisa, máis da metade dos españois cren que a ETA aínda segue activa.


 

 

Noticias web

20/10/2020